Envío gratis dende 60 € Recolle na tenda (Bertamiráns) Mostra de tela por 0,90 €
GL ES

1. Datos identificativos do prestador

En cumprimento da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e do comercio electrónico (LSSI-CE), comunícanse os datos identificativos do titular deste sitio web:

2. Obxecto

O presente aviso legal regula o uso do sitio web tolemia.com (en diante, “o Sitio”), titularidade de Tecidos Tolemia S.L. (en diante, “Tolemia”). A través do Sitio ofrécense á clientela información sobre os produtos téxtiles comercializados por Tolemia, así como a posibilidade de adquirilos a distancia mediante un proceso de compra electrónica.

A navegación polo Sitio atribúe a condición de usuario do mesmo e implica a aceptación plena de todas as cláusulas e condicións recollidas neste aviso legal, así como na Política de Privacidade, na Política de Cookies e nas Condicións de Venda. Se non está de acordo con estas condicións, debe absterse de utilizar o Sitio.

3. Condicións de uso

O usuario comprométese a facer un uso adecuado dos contidos e servizos que Tolemia ofrece a través do Sitio e con carácter enunciativo pero non limitativo, a non empregalos para:

4. Propiedade intelectual e industrial

Todos os contidos do Sitio (a título enunciativo: textos, fotografías, gráficos, imaxes, iconos, tecnoloxía, software, así como o seu deseño gráfico e códigos fonte) constitúen unha obra cuxa propiedade pertence a Tolemia, sen que poidan entenderse cedidos á persoa usuaria ningún dos dereitos de explotación recoñecidos pola normativa vixente en materia de propiedade intelectual sobre os mesmos.

As marcas, nomes comerciais ou signos distintivos son titularidade de Tolemia ou de terceiras persoas, sen que poida entenderse que o acceso ao Sitio atribúe ningún dereito sobre eles.

5. Responsabilidade

Tolemia non se fai responsábel, en ningún caso, dos danos e prexuízos de calquera natureza que puideran ocasionar, a título enunciativo: erros ou omisións nos contidos, falta de dispoñibilidade do Sitio ou a transmisión de virus ou programas maliciosos ou lesivos nos contidos, malia ter adoptado todas as medidas tecnolóxicas necesarias para evitalo.

6. Modificacións

Tolemia resérvase o dereito de efectuar sen previo aviso as modificacións que considere oportunas no Sitio, podendo cambiar, suprimir ou engadir tanto os contidos e servizos que se presten a través da mesma como a forma na que estes aparezan presentados ou localizados.

7. Lei aplicable e xurisdición

A relación entre Tolemia e a persoa usuaria rexerase pola normativa española vixente e calquera controversia someterase aos Xulgados e Tribunais de Santiago de Compostela, agás cando a normativa de protección das persoas consumidoras estableza outro foro distinto.

Última actualización: 13 de maio de 2026.