Envío gratis dende 60 € Recolle na tenda (Bertamiráns) Mostra de tela por 0,90 €
GL ES

As presentes Condicións Xerais de Venda (en diante, “Condicións”) regulan a relación contractual de compravenda nada entre Tecidos Tolemia, S.L. (CIF B-44598100), con domicilio en Avenida de Mahía 28B Baixo Esquerda, 15220 Bertamiráns (Ames), A Coruña, e calquera persoa que adquira produtos a través do sitio web tolemia.com.

Antes de realizar un pedido a persoa usuaria deberá ler, aceptar e dar a súa conformidade ás presentes Condicións. Mediante a confirmación do pedido, a persoa usuaria recoñece coñecer e aceptar plenamente estas Condicións, así como a Política de Privacidade e o Aviso Legal.

1. Obxecto

Tolemia comercializa a través de tolemia.com tecidos téxtiles vendidos por metros, mercería e produtos asociados. Os produtos ofertados son confeccionados, cortados e/ou adaptados segundo a cantidade en metros que a clientela especifica no proceso de compra.

2. Proceso de compra

  1. A clientela selecciona os produtos no catálogo, indicando para cada un a cantidade desexada en metros (con resolución decimal, mínimo 0,5 m e en pasos de 0,1 m).
  2. Engade os produtos ao carrito e procede ao pago.
  3. Cubre os datos persoais e de envío.
  4. Escolle o método de pago e confirma o pedido.
  5. Recibe un correo electrónico de confirmación con todos os datos da operación.

O contrato de compravenda perfeccionarase no momento en que a clientela reciba a confirmación do pedido por parte de Tolemia.

3. Prezos e impostos

Os prezos amosados no Sitio están expresados en euros e inclúen o Imposto sobre o Valor Engadido (IVE) ao tipo vixente do 21%, agás indicación expresa do contrario. Os gastos de envío calcúlanse en función do destino e o peso do envío, e amósanse antes da confirmación final do pedido.

Tolemia resérvase o dereito de modificar os prezos en calquera momento, pero os pedidos confirmados manterán o prezo vixente no momento da confirmación.

4. Formas de pago

Os datos das tarxetas son procesados directamente polas pasarelas de pago e Tolemia non almacena información completa das mesmas.

5. Envíos

Tolemia realiza envíos a toda a Península Ibérica e Baleares. Para máis información, consulte a páxina de Envíos e Devolucións.

6. Dereito de desistimento

De conformidade co Real Decreto Lexislativo 1/2007 (LGDCU) e a Directiva 2011/83/UE, a clientela consumidora dispón dun prazo de 14 días naturais dende a recepción do produto para desistir do contrato sen necesidade de xustificación.

6.1. Excepcións ao dereito de desistimento

O art. 103.c) do RDL 1/2007 e o art. 16.c) da Directiva 2011/83/UE establecen que o dereito de desistimento NON É APLICABLE ás vendas de bens “confeccionados conforme ás especificacións do consumidor ou claramente personalizados“.

En consecuencia, os tecidos vendidos por metros e cortados á medida indicada pola clientela quedan excluídos do dereito de desistimento, agás que presenten defectos de fábrica ou erros de envío imputábeis a Tolemia.

Si admiten desistimento os produtos comercializados en formato estándar (mercería embalada, mostras, libros, etc.) sempre que se devolvan no seu embalaxe orixinal e sen uso.

6.2. Como exercer o dereito de desistimento

Para exercer o dereito de desistimento dos produtos non excluídos, a clientela debe notificarllo a Tolemia mediante:

O reembolso efectuarase polo mesmo método de pago utilizado na compra, no prazo máximo de 14 días dende a recepción da mercancía devolta en perfecto estado.

Os custos directos da devolución son por conta da clientela, agás cando a devolución se deba a un defecto ou erro imputábel a Tolemia.

7. Garantías

De conformidade co art. 120 e seguintes do RDL 1/2007, Tolemia garante a conformidade dos produtos co contrato durante un prazo de 3 anos dende a entrega. Calquera falta de conformidade que se manifeste no devandito prazo deberá comunicarse a Tolemia o antes posíbel.

Quedan excluídos da garantía os danos derivados do uso indebido, do desgaste normal, das modificacións ou intervencións de terceiros, ou de defectos manifestos no momento da compra.

8. Servizo de atención á clientela

Para calquera consulta, suxestión ou reclamación, a clientela pode contactar:

As reclamacións serán atendidas no prazo máximo dun mes dende a súa recepción.

Tolemia dispón de follas oficiais de reclamación a disposición da clientela na tenda física.

9. Resolución de conflitos

De acordo co Regulamento (UE) 524/2013, infórmase ás persoas consumidoras da existencia da plataforma da Comisión Europea para a resolución alternativa de litixios en liña: https://ec.europa.eu/consumers/odr/

Sen prexuízo do anterior, as controversias derivadas das presentes Condicións someteranse aos Xulgados e Tribunais competentes segundo a normativa aplicable de protección da clientela consumidora.

10. Lei aplicable

As presentes Condicións rexerse polo Dereito español, e en particular:

Última actualización: 13 de maio de 2026.